BOLBORETAS A CORUÑA
DRAGON BOAT BCS
Somos unha asociación sen ánimo de lucro, deportiva e cultural, formada por personas que padeceron ou padecen cancro de mama e sen límite de idade. Primeira asociación de Dragon Boat de A Coruña e Galicia.
Asociación de Dragon Boat
Somos unha asociación sen ánimo de lucro, deportiva e cultural, formada por persoas que padeceron ou padecen cancro de mama e sen límite de idade. Primeira asociación de Dragon Boat de Coruña e Galicia.
Esta modalidade de padexar nun bote modelo Dragon, para mulleres con cancro de mama, iniciouse a partir dun estudo feito en 1996 por o especialista Don McKenzie en Canadá; investigando e promovendo os beneficios do exercicio do torso e brazos para a nosa enfermidade .
«¿Qué importancia ten o proxecto Abreast in a Boat? É un planteamento de promoción da saúde e sensibilización sobre o cáncro de mama impulsado por mulleres que padecen a enfermidade. Chega a outras mulleres e ofreceslle unha mensaxe de esperanza e apoio. Axuda a cambiar a actitude ante a ‘vida despois do cancro de mama’ e anima ás mulleres a levar unha vida plena e activa. Está marcando a diferenza.» McKenzie.
Carreira da muller A Coruña 2024
Este ano estaremos presentes na carreira da muller de A Coruña que se celebrará oo 22 de Septembro do 2024. Tendremos a oportunidade de contar en Palexco con un stand solidario. O día da carreira estaremos tamén presentes pola zoa de meta. Búscanos, temos un montón de sorpresas gracias á colaboración da marca Pulpo.
Orixe
A idea naceu en maio de 2021, a iniciativa do Dr. Rafael Arriaza e a Dra. Julia Rodriguez. O proxecto presentouse e financiouse inicialmente a través dá Cátedra HM de Traumatoloxía do Deporte da Universidade da Coruña; grazas ó cal se consigue a cesión dunha embarcación Dragon Boat de 22 prazas.
No proxecto tamén colaboran a Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física, HM Hospitales e o Complexo Hospitalario Universitario A Coruña [CHUAC].
No ano 2023 incorporamos unha nova embarcación Dragon Boat de 12 prazas, tendo así máis opcións para os entrenamentos e competicións.
Subvencionado por
Beneficios
Forza
Fortalece a musculatura do tronco superior, mellora o drenaxe linfático e activa a circulación.
mente
Disminue os efectos asociados as secuelas psicolóxicas, físicas e sociais.
LIBERTAD
Entrear ó aire libre, incrementa a sensación de libertade e desconexión.
AUTOESTIMA
Aumenta a autoestima e a autopercepción.
AUTONOMíA
Axuda a recuperar a autonomía as actividades placenteras y cotidiáns.
RECUPERACIÓN
Contribue a sentir que tés parte de control na túa recuperación.
Obxetivos
Buscamos mellorar a nosa calidade de vida, fomentar o traballo en equipo, axudarnos na superación dos nosos retos ó tempo que disfrutamos do exercicio físico ó aire libre en contacto ca Natureza.

Linfedema
Axuda a mellorar o linfedema, unha secuela do cancro de mama.

Deportistas
Padexar axudanos a pasar de ser enfermas a ser ¡deportistas!

Valores
Fomentar valores: equipo, unión, superación, motivación, etc.
Embarcacións
Dragon Boat 12
Padexeiras 10
Temón 1
Dragon Boat 22
Tambor 1
Padexeiras 20
Temón 1